Favoritos no deco 4K - televisión

soporte técnico R : televisión

Favoritos no deco 4K

  • Ola a todos!

    A función favoritos do deco 4K permite crear listaxes coas vosas canles favoritas para navegar por elas sen ter que pasar por todas as canles dispoñibles.

    Para xestionar as listaxes de canles favoritas tedes que entrar en axustes e seleccionar favoritos, por defecto hai dúas: "todos" e "as miñas canles". Esta última xa contén as canles que teñas contratadas para que non precises elaborala manualmente. A continuación atoparedes a opción "crear lista de favoritos".

     

     

    Na seguinte pantalla podedes poñerlle o nome á listaxe e escoller as canles que prefirades.

     


    Un saúdo.

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 6 meses por soporte técnico

    editado fai 6 meses por soporte técnico