Hoxe queremos falarche do foro de R, unha ferramenta que abrimos hai moitos anos coa idea de que fose un punto de encontro entre os clientes e interesados en R. Naceu coa idea de conversar e proporcionar información transparente e útil para aqueles usuarios que tivesen algunha dúbida ou consulta técnica.

De feito, o foro estaba atendido por xente do servizo técnico. Non era unha canle comercial, senón unha canle de atención ao cliente para realizar todo tipo de consultas sobre o servizo da internet, da tele, do fixo ou do móbil, ou onde solicitar tamén axuda ou abrir unha petición por este tema.

Ao longo deste tempo foron moitos os usuarios os que o usastes. E tamén os que axudastes a outros clientes, realizando recomendacións ou ben explicando como facer algo.

Despedida do foro de R

espois de todo este tempo, toca decirlle adeus ao foro de R. Decímolo con pena e tamén con cariño, porque foi unha ferramenta que nos deu moitas alegrías.

Non obstante, cada vez ten menos uso e incluso temos seccións, como 3ollosR, que se quedaron desfasadas. Co que damos un paso atrás para dar dous pasos adiante.

Alternativa a foro de R

Que nos despidamos do foro de R non significa que non te sigamos atendiendo ou respondendo as túas consultas. Tes diferentes formas de contacto con R, ben a través do teléfono ou ben por escrito.

Como no blog nos gusta máis a comunicación por escrito, deixámosche as nosas de comunicación e de atención, para que nos escribas cando queiras:

Horario de atención ao cliente de R

Nas redes sociais de R estamos todos os días do ano, de 9 da mañá a 10 da noite.

No caso de que teñas algunha consulta técnica a partir desa hora, lembra que por teléfono estamos durante as 24 horas do día, os 365 días do ano. Co que sempre hai alguén para atenderte.