Periféricos no deco 4K - televisión

soporte técnico R : televisión

Periféricos no deco 4K

  • Ola a todos.

    O deco 4k, grazas á plataforma Android TV, soporta a instalación dunha gran variedade de apps como por exemplo xogos ou reprodutores multimedia.

    Xa comentamos noutro fío que a app Android TV Remote Control, dispoñible para iOS e Android, convirte o teu móbil ou tablet nun mando a distancia para o deco 4K pero, para aproveitar ao máximo as vantaxes desta plataforma, podedes utilizar tamén outros periféricos.

    Para mellorar a experiencia cando usedes o deco con outras aplicacións podedes conectarlle un teclado, rato ou control de xogos (gamepad) tanto por Bluetooth como por USB. 

    Tamén permite conectar auriculares USB e Bluetooth aínda que estes só funcionan coas aplicacións, non é posible escoitar a tv de R.

    Un saúdo.

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico

  • Ola R, no caso dun mando para poder xogar aos xogos que hai na Play Store, ¿recomendades algún en concreto? ¿como se conecta?.

    publicado fai 2 anos por kurri77

  • Ola, kurri77.

    Se é un mando USB simplemente tes que conectalo ao deco. 

    Se é un mando Bluetooth os pasos a seguir son:

    • Pulsamos o botón de inicio do mando e, na parte inferior da pantalla de inicio, entramos en Axustes.

    • En Axustes imos ao apartado Bluetooth e activámolo.

    • Unha vez activado o Bluetooth no deco, consulta o manual do mando para poñelo en modo "visible".
    • Agora de novo nos Axustes do deco imos a "Añadir accesorio" e xa debera de atopar o mando para vinculalo ao deco.

    O mando non precisa ningún requisito especial aínda que tampouco podemos garantir a compatibilidade con todos os mandos do mercado. 

    Lamentablemente non podemos recomendarche ningún en particular pero se outro usuario coñece algún quizás o poda comentar neste fío.

    Grazas e un saúdo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico

  • pois eu tamen vos pediria que fixerades unha pequena recomendacion de gamepads compatibles porque para min esta a ser una odisea atopalo .ainda que fora a compra a traves de r

    publicado fai 2 anos por ivan1981

  • Ola, ivan1981.

    A día de hoxe R non comercializa estes periféricos polo que sinto indicarche que non temos xeito de recomendar un en particular.

    Un saúdo.

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

  • Yo he comprado éste y me funciona a la perfección: (IMPORTANTE: HE DE COMENTAR QUE NO CONSEGUÍ SINCRONIZARLO A TRAVÉS DEL BLUETOOTH DE LA PROPIA OTT, SINO QUE HE TENIDO QUE COMPRAR UN GAMEPAD CON RECEPTOR USB/BLUETOOTH PARA QUE PUDIERA RECONOCER EL MANDO)

    https://www.amazon.es/gp/product/B074ZC4X8P/ref=oh_aui_detailpage_o03_s00?ie=UTF8&psc=1

    Funciona incluso la vibración en los juegos android que lo soportan y tb funciona la vibración en emulador Playstation, Nintendo, etc. que he instalado en la OTT. Al mismo tiempo este mismo gamepad lo puedes usar con Xbox, Pc, Android (móvil, tablet...), Playstation y hasta una galleta si se la pones delante.

    Se trata del gamepad y un pequeño receptor Usb/bluetooth que conectas a la propia OTT, para evitar quedarte sin puerto USB funcional en la OTT lo que puedes hacer es conectar un HUB con varios puertos USB. Yo así tengo conectado el ratón, HDD externo, el teclado al propio bluetooth de la OTT y el gamepad.

    Supongo que cualquier gamepad con receptor bluetooth en un pequeño USB será funcional.

    Yo he probado los que no disponen del receptor y no conseguí sincronizar ninguno a través del propio bluetooth del que dispone la OTT.

    Espero que aún tarde te haya podido resolver la duda.

    publicado fai 2 anos por MILO

  • Hola, MILO.

    Gracias por participar en nuestros foros.

    Un saludo.

    publicado fai 2 anos por soporte técnico