Perdíchelo? - televisión

soporte técnico R : televisión

Perdíchelo?

  • Ola a todos.

    Co novo deco 4K gardamos durante 7 días os teus programas favoritos para que podas velos cando mellor che veña. 

    Pulsando no botón "OK" do mando aparece a miniguía coa información do programa que se está a emitir.

    Unha vez na miniguía podedes pulsar o botón á esquerda do OK para escoller o programa que perdíchedes.

    Para ver o programa simplemente hai que pulsar "OK" e "ver dende o comezo".

    Se o programa se emitiu fai varios días non poderedes acceder dende a miniguía pero se pulsades o botón "guía" no mando, teredes acceso aos contidos dos últimos sete días.

    Un saúdo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico