fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Ola. Levo 2 semáns con servizo. En xeral contento da calidade HD, mais vexo 3 puntos a mellorar: Non deixa modificar a lista de canles, agrupar en favoritos ou poñer a tv en negro se quero escoitar a radio ( escoito a canle radio clásica; solución cara, un dac externo que xa merquei ).
publicado fai 7 anos por xesús
Ola, xesús.
Se con modificar a lista de canles refíreste a ordenalos numéricamente segundo as túas preferencias (é dicir, que la1 esté no dial 1 e non no 111, por exemplo) tes razón, eso non se pode modificar. O que sí se pode facer é activar unha lista de favoritos, na que poderás seleccionar as canles que queres que se vexan cando fas zapping coas teclas + e - de cambio de canle (existen listas predefinidas de series, cine, nenos, etc. e tamén poderás definir una lista personalizada). Atoparás esta opción en menú -> apps -> favoritos.
En relación a escoitar as canles de radio sen ter a tele encendida sempre podes utilizar o conector de saída dixital óptica de audio etiquetado como s/pdif ou mesmo a saída analóxica de audio (R e L) na parte traseira do desco.
Un saúdo.
publicado fai 7 anos por soporte técnico