fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Olá, Teño problemas ó tratar de sintonizar ás canles emitidas vía DVB-C. A miña televisión Philips, modelo 32pfl7404h/12, ten sintonizador DVB-T, DVB-C e analóxico. Cando fago unha sintonización automática e selecciono localización España non me permite escoller entre "antena ou cable". Deste xeito logro sintonizar tódalas canles emiticas vía DVB-T e as oito analóxicas. Agora ben, eu quero sintonizar as canles emitidas vía DVB-C. Se escollo localización Alemaña, Finlandia, Suecia, Holanda, Dinamarca ou Noruega sí que me permite facer unha busca de canles vía "cable". O problema é que facendo unha busca/sintonización automática deste xeito só logro atopar as oito canles analóxicas e ningunha das dixitais (DVB-C). Algunha idea sobre cómo podería facer unha busca/sintonización manual e con qué parámetros. Saúdos.
publicado fai 7 anos por zerm
Ola zerm,
É habitual que os televisores non amosen a opción de sintonización por "cable" (DVB-C) xa que en España non é un sistema de emisión moi difundido. Sen embargo a opción si aparece ó seleccionar países que utilizan DVB-C como sistema habitual.
Tras consultar no manual do televisor vemos que hai algúns parámetros que poderías afinar:
[Networkfrequency]: 762000
[Network ID]: 00000
[Symbol rate]: 6875
[Frequency scan]: [Full scan]
Un saúdo
publicado fai 7 anos por soporte técnico
Resposta eliminada por ser publicada nun fío erróneo
publicado fai 7 anos por soporte técnico
editado fai 7 anos por soporte técnico