Sintonizar DVB-C televisión Philips, modelo 32pfl7404h/12 - televisión

soporte técnico R : televisión

Sintonizar DVB-C televisión Philips, modelo 32pfl7404h/12

  • Olá, Teño problemas ó tratar de sintonizar ás canles emitidas vía DVB-C. A miña televisión Philips, modelo 32pfl7404h/12, ten sintonizador DVB-T, DVB-C e analóxico. Cando fago unha sintonización automática e selecciono localización España non me permite escoller entre "antena ou cable". Deste xeito logro sintonizar tódalas canles emiticas vía DVB-T e as oito analóxicas. Agora ben, eu quero sintonizar as canles emitidas vía DVB-C. Se escollo localización Alemaña, Finlandia, Suecia, Holanda, Dinamarca ou Noruega sí que me permite facer unha busca de canles vía "cable". O problema é que facendo unha busca/sintonización automática deste xeito só logro atopar as oito canles analóxicas e ningunha das dixitais (DVB-C). Algunha idea sobre cómo podería facer unha busca/sintonización manual e con qué parámetros. Saúdos.

    publicado fai 7 anos por zerm

  • Ola zerm,

    É habitual que os televisores non amosen a opción de sintonización por "cable" (DVB-C) xa que en España non é un sistema de emisión moi difundido.  Sen embargo a opción si aparece ó seleccionar países que utilizan DVB-C como sistema habitual.

    Tras consultar no manual do televisor vemos que hai algúns parámetros que poderías afinar: 

    [Networkfrequency]: 762000

    [Network ID]: 00000 

    [Symbol rate]: 6875

    [Frequency scan]: [Full scan]

     

    Un saúdo

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

  • Resposta eliminada por ser publicada nun fío erróneo

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

    editado fai 7 anos por soporte técnico