audio tve 1 HD - televisión

soporte técnico R : televisión

audio tve 1 HD

  • Boas tardes

    Levo pouco tempo co desco HD pero ainda así xuraría que vin varias veces a 1HD dende o desco...

    Pois ben... onte pola noite detectei que a tv non me emite sonido neste dial 111 (na 1 normal sd dial 117 si).

    Asocio o tema a que a 1 HD emite en dolby pero vendo este canle directamente dende o televisor pódese escoitar perfectamente.

    ¿¿??

    Para poder ter sonido teño que cambiar a configuración do audio no desco e pasalo de automático a stereo.

    ¿Fixestes algún cambio? ¿Alguen mais ten este mismo problema? ¿Algunha idea?

    Grazas Un saudo

    publicado fai 7 anos por jomasape

  • Ola jomasape.

    Xa coñecemos esta situación que nos comentas e ocorre con algúns modelos de televisor á hora de negociar o audio dolby co noso descodificador a través do HDMI cando está establecida a configuración automática. Nestes casos, como ben indicas, a solución estaría en forzar manualmente o tipo de audio a estereo PCM.

    Un saúdo e grazas pola túa consulta.

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

  • Grazas a vos pola atención e rápida resposta.

    O curioso e que tendo en conta que o problema está nesa "negociación" do dolby entre o desco e o tv que comentades, noutros canles que o desco pon que están emitindo en dolby escoitanse perfectamente, solamente pasa coa 1HD e TDP

    ¿??

    Por outra parte, ¿poderá ter solución con algunha futura actualización do desco ou védelo complicado?

    Sau2

    publicado fai 7 anos por jomasape

  • Ola jomasape,

    Temos detectado que nalgúns televisores ocorre tamén noutras canles coma TNT HD ou TCM HD, dependendo da calidade na que a propia canle emita o sinal de audio do programa en cuestión.

    Estamos á procura dunha solución xunto co fabricante do desco pero sen novas polo momento.

    Un saúdo

    publicado fai 7 anos por soporte técnico