Problema con guía de programación - televisión

soporte técnico R : televisión

Problema con guía de programación

  • Ola,

    Dende hai algúns días non me aparece información ningunha sobre os programas en emisión cando cambio dunha canle a outra ou pulso o botón "info" do mando do desco HD. Isto é, aparece o recadro onde se debería mostrar o nome do programa e a súa descrición, pero en vez de aparecer o texto, simplemente aparece o fondo negro do recadro. Probei varias veces a poñer o desco en standby e volvelo acender, pero o problema persiste mesmo deixándoo toda a noite en standby (por se se trataba dalgún problema a resolver con algunha actualización do software). Algunha idea de onde pode estar o erro?

    Moitas grazas.

    publicado fai 6 anos por jfprieto

  • Ola jfprieto,

    Estivemos revisando o teu desco e o vemos todo correcto, tanto os valores de sinal como a versión de software instalada.

    As veces sucede que o desco non carga correctamente a información ata que o reiniciemos físicamente desconectando o cable da alimentación eléctrica.

    Comproba se con isto queda resolto e nos contas

    Un saudo

     

    publicado fai 6 anos por soporte técnico