Xestiona o teu servizo de televisión dende a web - televisión

soporte técnico R : televisión

Xestiona o teu servizo de televisión dende a web

  • Ola a todos,

    Que botan esta noite na tele? A que hora comeza a serie de moda? Estará dispoñible no rebobina?

    Iso e máis podédelo xestionar desde o apartado de televisión da web de clientes R.

    "ver a tele" está vencellado ao servizo tv web de R do que falamos neste outro fío  link.  Podedes desfrutar da programación da vosa televisión R noutros dispositivos como o PC ou a tablet.

    "guía tvR" lévavos a unha nova pantalla onde, con todo detalle, podedes consultar de arriba a abaixo a programación, ver que hai no rebobina, consultar o catálogo das estreas…

    E, por se o precisades, tamén están ao alcance da man os manuais e titoriais do servizo de televisión.

    Un saúdo,

    imaxes adxuntas

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

    editado fai 7 anos por soporte técnico