Sen versión orixinal nin subtítulos en Rebobina - televisión

soporte técnico R : televisión

Sen versión orixinal nin subtítulos en Rebobina

  • Logo dun cambio dos equipos (fibra e decodificador) por iniciativa de R, onte 23.11.2021 deixei de poder acceder aos contidos en versión orixinal e aos subtítulos en "Rebobina", aos que accedía antes sen problemas. Puxen unha incidencia de avaría e hoxe me contestaron que o novo decodificador instalado non permite esa función, e que a instalación xa non se pode revertir á anterior. Antes de cancelar o contrato e informar a quen corresponda da mala práctica de R, solicito confirmación de que efectivamente xa non terei acceso en "Rebobina" ao contido en versión orixinal e aos subtitulos.

    publicado fai 9 días por JRTM

  • Ola, JRTM.

    Desculpa a tardanza á hora de responder. Vimos de confirmar que polo de agora non están dispoñibles as opción de subtítulos e VO.


    Grazas. Un saúdo.

    publicado fai 3 días por soporte técnico