tv conmigo con problemas - televisión

soporte técnico R : televisión

tv conmigo con problemas

  • Ola de novo. Volto a ter "problemas" coa tv conmigo. O caso é que cada dous por tres teño que borrar a memoria por que si non cada vez deixame ver menos canles, e ademáis cada pouco pídeme o usuario e o contrasinal para poder entrar. Todo esto pode parecer unha tontería pero chega a fartar un pouco...Esto que sucede é normal? Gracias.

    publicado fai un mes por Masca

  • Ola, Masca.

    O que te acontece non é normal.
    Tes actualizada a app coa última versión? Se e así, podes desinstalar a app e instalala de novo?

    Grazas.

    publicado fai un mes por soporte técnico

  • Ola de novo e perdón por tardar en contestar. Desinstalei a app tanto na tablet coma no móvil, e en canto accedo a ela a por terceira ou cuarta vez volve a pasarme o mesmo.Algunha outra idea? Grazas.

    publicado fai un mes por Masca

  • Ola, Masca.

    Imos revisar a qué é debido.

    Desculpa as molestias.

    publicado fai un mes por soporte técnico

  • Bo día. Acabo de recibir unha chamada do número 881 88 01 20, relativa a unha incidencia coa tv comigo que se abreu fai uns días. Ata ahí todo ben ; pidenme todos os datos dos aparatos onde teño o problema ( versión de android, modelo do aparato, versión da aplicación...) e a continuación para poder acceder de forma remota pídenme o meu usuario e o CONTRASINAL. Non sei si esto e o procedemento habitual, pero o que teño claro é que NON lle vou facilitar o meu contrasinal a ninguén, e menos por teléfono. A todo esto, ao non facilitar o contrasinal a incidencia queda anulada; con o que sigo o mesmo que antes. Realmente foi persoal de R quen me chamou? Grazas.

    publicado fai un mes por Masca

  • Ola, Masca.

    Así é, a chamda era de un compañeiro de soporte técnico.

    Para poder continuar coa revisión da incidencia, necesitan ese dato para facer probas. Sempre podes cambiar a contrasinal por outra temporalmente e logo cambiala de novo unha vez arranxada a incidencia.

     

    publicado fai un mes por soporte técnico

  • Ola. Esto sigue empeorando. Quixera saber si limitastedes o numero de canles que se poden ver na tv comigo; pois dende fai un par de dias non podo acceder a algúns deles: eurosport1 e 2, tdp, etc. Grazas

    publicado fai un mes por Masca

  • Ola, Masca.

    Estamos a revisar por qué non ves eses canles.

    Grazas polo aviso.

    publicado fai un mes por soporte técnico