Erro extensión Chrome - televisión

soporte técnico R : televisión

Erro extensión Chrome

  • É imposible instalar a extensión de Chrome para aceder á TV Comigo. A descarga devolve un erro "Ningún archivo encontrado". Déixovos unha captura.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 17 días por Gonny

  • Ola, Gonny.

    Probaches a borrar os arquivos temporais do navegador? Preme nos 3 puntiños na esquina superior dereita do chrome e vai Configuración. Aí escolle Privacidad y Seguridad e preme a Borrar datos de navegación.  Escolle borrar as cookies e os arquivos almacenados en caché e proba de novo.

    Grazas.

    publicado fai 17 días por soporte técnico

  • Ola. Borrados todos os datos do navegador e segue igual. Outras extensións instálanse sen problemas, esta directamente non se descarga.

    Estou a empregar a versión 93.0.4577.63 (Build oficial) (arm64) de Chrome en macOS 11.5.2 (Procesador M1).

    Un saúdo.

    publicado fai 17 días por Gonny

  • Ola de novo, Gonny.

    Acabamos de probar a descargar a extensión e funciona correctamente. É posible que algún antivirus non che permita descargala? 

    Grazas.

    publicado fai 17 días por soporte técnico

  • Ola. Non hai antivirus. Probei a reinstalar o Chrome pero segue dando o mesmo erro. Tirarei da app para acceder ao servizo.

    publicado fai 15 días por Gonny