fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
É imposible instalar a extensión de Chrome para aceder á TV Comigo. A descarga devolve un erro "Ningún archivo encontrado". Déixovos unha captura.
imaxes adxuntas
publicado fai 8 meses por Gonny
Ola, Gonny.
Probaches a borrar os arquivos temporais do navegador? Preme nos 3 puntiños na esquina superior dereita do chrome e vai Configuración. Aí escolle Privacidad y Seguridad e preme a Borrar datos de navegación. Escolle borrar as cookies e os arquivos almacenados en caché e proba de novo.
Grazas.
publicado fai 8 meses por soporte técnico
Ola. Borrados todos os datos do navegador e segue igual. Outras extensións instálanse sen problemas, esta directamente non se descarga.
Estou a empregar a versión 93.0.4577.63 (Build oficial) (arm64) de Chrome en macOS 11.5.2 (Procesador M1).
Un saúdo.
publicado fai 8 meses por Gonny
Ola de novo, Gonny.
Acabamos de probar a descargar a extensión e funciona correctamente. É posible que algún antivirus non che permita descargala?
Grazas.
publicado fai 8 meses por soporte técnico
Ola. Non hai antivirus. Probei a reinstalar o Chrome pero segue dando o mesmo erro. Tirarei da app para acceder ao servizo.
publicado fai 8 meses por Gonny