Subtítulos en Rebobina - televisión

soporte técnico R : televisión

Subtítulos en Rebobina

  • Ola,

    Poderían por favor revisar a gravación dos subtítulos en rebobina? Hai bastantes casos nos que non aparecen dispoñibles cando a emisión en directo sí os ten: - Fleabag - Logan - Derradeiro episodio de Cóndor - The Slack Resulta un pouco frustrante ter que estar atento a horarios para poder desfrutar dunha serie Grazas e un saúdo

    publicado fai 23 días por Dian

  • Ola, Dian.

    Imos revisar cos nosos compañeiros o que nos dis.

    Desculpa as molestias.

    Grazas. Un saúdo.

    publicado fai 22 días por soporte técnico

  • Ola,

    Os de Fleabag xa funcionan, podedes botarlle un ollo ós de Chicago Fire?

    Grazas e un saúdo

    publicado fai 10 días por Dian

  • Ola,

    Retiro o que dixen de Fleabag, a partires do 3 xa non van. Nen Good Doctor, nen Chicago Fire, nen o corredor do labirinto. Por favor, revisen este tema, e se resulta que Rebobina non ofrece o servizo de subtítulos dígano claramente para valorar outras opcións

    Grazas e un saúdo

    publicado fai 10 días por Dian

  • Ola, Dian.

    Respecto aos subtítulos de Fleabag, xa foi revisado polo departamento técnico e o motivo é que a distribuidora enviou a temporada sen eles.
    Respecto aos outros, pasamos aviso para o revisen.

    Desculpa as molestias.

    Grazas. Un saúdo.

    publicado fai 9 días por soporte técnico

  • Imos ver,

    Os de Fleabag xa volveron nalgúns episodios da tempada 2. Os do último capítulo de Next non están, cando sí están os primeiros. En directo sí funcionan, e nas gravacións non.

    E sínto dicilo, pero xa me estou mareando un pouco con este tema, así que vou facer unha pregunta moi sinxela: hai subtítulos en Rebobina ou non? E se os hai, en qué casos? Se segue sendo aleatorio e vou ter unha sorpresa cada vez que queira ver algo, vou acabar mais descontento que se me dicides que non os hai e xa me buscarei a vida

    Grazas e un saúdo

    publicado fai 6 días por Dian

  • Ola de novo, Dian.

    O servizo de rebobina si que ten subtítulos pero a dispoñibilidade depende na maioría das ocasións do provedor do evento. Incluso, ás veces, dentro dun mesmo evento, unha tempada pode telos e outra non.

    Desculpa as molestias.

    Grazas. Un saúdo.

    publicado fai 6 días por soporte técnico

  • Ola,

    En directo sí están. E o meu proveedor de televisión é R. Se non podo ver as series cando eu queira, terei que buscar outro proveedor que me dea ese servizo.

    Grazas por todo

    publicado fai 3 días por Dian