Nova tv comigo - televisión

soporte técnico R : televisión

Nova tv comigo

  • Ola de novo.

    O servizo de tv comigo renovouse por completo recentemente incorporando máis canles e funcionalidades. 

    Podedes descargar a app para Android 5+ e iOS 10+ ou acceder cun PC ou MAC dende o navegador Google Chrome. 

    É posible rexistrar ata 5 dispositivos e acceder simultaneamente con dous deles tanto por wifi como por datos móbiles, como moitos demandabades.

     

    Gravacións

    Engadimos o servizo de gravación na nube a tv comigo. Así poderás gravar os contidos que che interesen de todas as canles dispoñibles na app e velos cando ti queiras durante un mes.

    Ademais, se tes un deco 4K, as gravacións que realices dende tv comigo están sincronizadas co deco, é dicir, o que programases para gravar dende o deco aparecerá en tv comigo e viceversa.

     

    Continuar vendo, seguinte episodio e favoritos

    Reproduce calquera contido e aparecerá directamente na túa lista de "continuar vendo", así poderás seguir véndoo no mesmo punto onde o deixaches.

    Ademais, coa función "seguinte episodio" xa non terás que seleccionar o seguinte capítulo, reprodúceo automaticamente.

    Podes engadir a favoritos a serie do momento ou a estrea que non queres perder. Apareceranche no apartado "rebobina" e no despregable da pestana categorías. Como ves, todos accesos rápidos e directos, porque sabemos que non che gusta perder o tempo.

     

    Guía

    Dende ela podes facer de todo e máis: ver a programación das canles, reproducir contidos en directo e xa emitidos, engadir contidos aos teus "favoritos", programar gravacións, filtrar a busca de canles por xénero, acceder a máis contidos da mesma canle e ler a sinopse estendida de todas as series e películas.

     

    TV Directo

    Por último, e non menos importante, unha gran mellora. Agora dende tv comigo tes a opción de ver o que están a emitir nunha canle ao mesmo tempo que navegas por outras canles, a pantalla aparecerache dividida para que non perdas nada do que ocorre na tele de R.

    Ademais, dende a páxina TV Directo tamén gravas e engades a favoritos o que máis che guste.

    Como ves, a nova tv comigo é outra cousa. Descárgaa xa, proba todas estas funcionalidades e cóntanos que che pareceron.

    Un saúdo!

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 9 meses por soporte técnico

    editado fai 9 meses por soporte técnico

  • Se me expicades como poder vela sería moito xa, porque dende que se trocou todo resultame imposible .... que reinstale o Plugin Mac, se me decides onde saco ese plugin e toda a historia, porque vexo en determinados foros que hai moita máis xente na mesma situción. Por suposto e a través de PC Mac, non de tablet nin móvil

    imaxes adxuntas

    publicado fai 9 meses por Lugo

  • Ola, Lugo.

    Unha cuestión a ter en conta é que para acceder ao servizo hai que utilizar o NIF e contrasinal do titular, non é posible acceder cun usuario delegado.

    Se xa estás a utilizar o NIF e o erro persiste é preciso que contactes cos compañeiros de soporte no 1449 opción 2 para revisalo.

    Un saúdo.

    publicado fai 9 meses por soporte técnico

  • Evidentemente dende a tablet, móvil ou PC poñemos o NIF e contrasinal do titular, gracias

    publicado fai 9 meses por Lugo