Que facer cando quedas sen datos - móbilR

soporte técnico R : móbilR

Que facer cando quedas sen datos

  • Ola a todos.

    Cando unha liña esgota o plan de datos contratado, se non tedes activada a contratación automática de bonos temporais, a velocidade redúcese polo que moitos servizos poden non funcionar. Se precisades máis datos chegado este punto, tedes varias opcións ás que podedes acceder dende a web de clientes:

    -  Contratar un bono temporal. A duración é de 30 días dende a contratación ou ata que o esgotedes. 

    -  Activar un bono de internet comigo:   

    •  Bonos internet comigo gratuítos: Se ademais do móbil tes contratado internet fixo tedes dous bonos de 15GB gratuítos cada ano. Os bonos gratuítos non funcionan en roaming
    •  Bonos internet comigo de pago: 5GB durante 3 días, 15GB durante 15 días e 50GB durante 30 días.


    -  Os Bonos xigante coas seguintes modalidades: 

    • Bono redes. Inclúe as aplicacións: Whatsapp, Facebook, Instagram, Twitter, Linkedin, Snapchat, Tinder, Flickr, Tumblr, Grindr, Badoo, Meetic, Periscope e eDarling
    • Bono gramola: Spotify, Soundcloud, Apple Music, Deezer, Napster e Tidal
    • Bono claqueta: Youtube, HBO, Netflix, Vimeo, Dailymotion, Youtube Kids, Vevo, Rakuten TV, Twitch, Amazon Prime Video e Youtube Gaming
    • Bono fin de semana: Inclúe o tráfico dende as 14:00 do venres ata as 23:59 do domingo

     

    Podes consultar as condicións dos bonos xigante aquí.


    Un saúdo.

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai un ano por soporte técnico

    editado fai un ano por soporte técnico