Xestiona os servizos da túa liña dende a web - móbilR

soporte técnico R : móbilR

Xestiona os servizos da túa liña dende a web

  • Ola de novo!

    Coa nosa app móbil e tamén dende a páxina web de clientes podes xestionar os servizos das túas liñas móbiles dun xeito moi sinxelo. Entrando no apartado móbilR->configurar móbilR verás as seguintes opcións:

    Para configurar desvíos simplemente tes que escoller o tipo de desvío que precisas e pulsar o botón modificar. Podes desviar directamente todas as chamadas ou so en determinadas situacións como se estás a comunicar, se non contestas ou se o móbil non está localizable (apagado ou fora de cobertura).


    Para configurar restricións activa ou desactiva as que queiras e pulsa o botón modificar na parte inferior. Ten en conta cada restrición só se pode modificar unha vez por día.

    Como indicábamos no fío "Se perdo o móbil, que fago?", en lugar de bloquear por completo a SIM podes restrinxir, por exemplo, as chamadas saíntes e o envío de SMS pero manter activa a opción de recibir chamadas e a conexión de datos. Deste xeito podes intentar localizalo.

    Un saúdo.

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai un ano por soporte técnico

    editado fai un ano por soporte técnico