fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Teño metida a APP no móbil para aproveitar a wifi na rúa de R. En Ferrol é unha maravilla por exemplo case teño cobertura por todas partes. Pero mentres que antes chegaba con ter metido o usuario ca clave e poñer lembrar 6 meses. Agora non hai xeito de que conecte á primeira. Sempre pon error de inicio de sesión. Desinstalei as 2 apps de R, volvinas instalar, crear o usuario, meter ben a clave e nada non se loguea correctamente. E ao final acaba saltando a web de R para loguearse. ¿Hai algún xeito de que funcione automaticamente?
publicado fai 7 anos por phluisma
Ola phluisma,
¿Pódesnos pasar o modelo de móbil e a versión de software que ten? Ímolo mirando de todos xeitos.
Un saúdo
publicado fai 7 anos por soporte técnico
Pois o voso fantástico MOTOROLA MOTO X con todo o soft actualizado... aínda en 4.4.4, ca rom oficial, a piques de que chegue a 5.0.x...
publicado fai 7 anos por phluisma
Bo día phluisma,
Agardamos que hoxe esté dispoñible no play store unha nova versión da App "usuario servicios R"que che debería deixar logado como anteriormente.
Despois simplemente elimina a versión anterior e proba xa ca última.
Un saúdo
publicado fai 7 anos por soporte técnico
Bo día phluisma,
Xa está dispoñible a última versión da App no Play Store: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.mundor.apps.cliente.autenticacion
Un saúdo
publicado fai 7 anos por soporte técnico
Instalada pero segue a facerme o mesmo, non tanto coma antes pero... vou probar a borrarlle a caché e datos dentro da opcións AXUSTES-APLICACIÓNS por se quedou borralla por aí.
publicado fai 7 anos por phluisma