Esqueciches o PIN? - móbilR

soporte técnico R : móbilR

Esqueciches o PIN?

  • Ola de novo!

    Aínda que na caixa na da tarxeta SIM tedes o código PIN e o PUK, pode acontecer que no momento que o precisedes non a teñades a man.

    Nese caso, podedes atopar estes códigos accedendo á nosa páxina web de clientes ou na app móbil, pulsando en móbilR->ver PIN e PUK do meu móbilR.

    O último paso para acceder á información é pinchar no recadro que pon "No soy un robot" e seguir as indicacións que aparezan.

    Tede en conta que se cambiastes o PIN, este xa non será válido e teredes que usar o PUK xa que o que aparece aquí é o orixinal da tarxeta.

    Para que a tarxeta solicite o PUK hai que introducir un PIN incorrecto tres veces. Deste xeito poderedes desbloqueala introducindo o PUK e a continuación permitiravos establecer un novo PIN.

    No caso de que á hora de introducir o PUK e máis o novo PIN a tarxeta non se desbloquee e continúe indicando que quedan 10 intentos, hai unha alternativa: accedendo á opción de "Chamada de emerxencia" e tecleando a seguinte secuencia **05*PUK*PIN NOVO*PIN NOVO# poderedes cambiar o PIN.


    Un saúdo.

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 8 meses por soporte técnico

    editado fai 8 meses por soporte técnico