Roaming no Espazo Económico Europeo - móbilR

soporte técnico R : móbilR

Roaming no Espazo Económico Europeo

  • Ola a todos.

    Como xa saberedes, dende o pasado verán, para os consumos realizados coa vosa liña móbilR no Espazo Económico Europeo aplícanse as mesmas tarifas que cando estades en España, sen cargos adicionais.

    Debido a isto fixemos un cambio para que non teñades que activar o roaming nos países nos que usar a liña non supón un custo extra. Deste xeito se viaxades por exemplo a Portugal non tedes que lembrar activar o roaming antes de marchar. 

    Os países nos que non é preciso activar o roaming son: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia (illas de Reunión e Guadalupe incluídas), Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda (Eire), Islandia, Italia/Vaticano, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal (Azores e Madeira incluídas), Reino Unido (non se inclúen as illas de Man, Bailía de Jersey e Bailía de Guernsey), República Checa, Romanía, Suecia e Xibraltar.

    Cando viaxedes a calquera outro país si que é preciso activar antes o roaming na web de clientes ou coa nosa app.

     

    Unha vez que cheguedes ao país de destino, o habitual é que o móbil se rexistre na rede automaticamente pero de non ser así hai que seleccionar manualmente un operador en Axustes->Máis->Redes móbiles->Operadores de rede. Aínda que algún teña o sinal de prohibido intentádeo igualmente. Se fallase o rexistro manual na rede probade a seleccionar no mesmo menú de Redes móbiles o Modo de rede ou Tipo de rede preferida a 3G en lugar de 4G.

    Lembrade que para facer chamadas a números de España é preciso poñer o prefixo 0034 ou +34 e que para navegar hai que activar a Itinerancia de datos ou Roaming de datos nos axustes do móbil.

    Como recordatorio quero comentarvos que os bonos de internet comigo non funcionan en roaming.

    Un saúdo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 7 meses por soporte técnico

    editado fai 7 meses por soporte técnico

  • Hola Si estoy en el espacio de la Comunidad Europea pero cerca de la frontera de un un país que no es de la zona 1 (Rusia o Turquía por ejemplo) y me he conectado a un operador que no es ya de la Comunidad Europea ¿ recibiré un mensaje de aviso de que estoy navegando fuera de la zona donde está incluida en mi tarifa?

    publicado fai 7 meses por EMR

  • Hola EMR,

    Si, deberías recibir aviso en caso de que te conectes en algún país (u operador de país vecino) que no esté dentro de la zona 1.

    Un saludo

    publicado fai 7 meses por soporte técnico

  • Boas. Atopámonos en portugal e non temos servizo nin de chamadas nin de datos. Temos o roaming activo, reiniciamos os moviles varias veces, buscamos redes manuais e automáricas, apagamos e encendemos a itineracia de datos e o 4G, fixemos todas as convinacions posibles e non hai maneira. Os dous móviles aparecennos sen servizo, non podemos nin chamarvos porque non temos liña. Estamos bastante molestos, tivemos que mercar unha tarxeta de aquí para falar cun familiar e que vos chamara e vos indicasteslle que está todo ben, que temos que ter servizo. Qué facemos??

    publicado fai 6 meses por Andrea

  • Bo día Andrea,

    Antes de nada disculpa as molestias.

    Estiven revisando o teu caso e xa teño localizado o problema. Abrinche unha incidencia para solucionalo o antes posible.

    Un saúdo

    publicado fai 6 meses por soporte técnico

  • Boas. Si, acabo de ver na app que temos un par de incidencias abertas, cando poderemos ter servizo? Precisamos solución o antes posible. Só temos opcion de comunicarnos cando hai wifi

    publicado fai 6 meses por Andrea

  • Ola de novo Andrea,

    Proba de novo por favor a conectarte manualmente á rede dalgún operador (MEO por exemplo), xa debería estar solucionado.

    Un saúdo

    publicado fai 6 meses por soporte técnico

  • Buenas tardes, Una hija mía estará en Italia unos dos mesesy, seguramente necesitará hacer llamadas a algún número italiano, me gustaría saber qué tratamiento tienen esas llamadas, y su coste, si lo tiene. Muchas gracias

    publicado fai 6 meses por roncudo1

  • Hola roncudo,

    En el caso que planteas NO se cobraría nada.

    Estarías en zona 1 de roaming y llamando a un número que también es zona 1, por tanto puedes llamar sin problema porque de zona1 a zona1 no hay sobrecoste.

    Un salud

    publicado fai 5 meses por soporte técnico