Se perdo o móbil, que fago? - móbilR

soporte técnico R : móbilR

Se perdo o móbil, que fago?

  • Ola a todos,

    "Onde metín o móbil?", "roubáronme o teléfono!!"… De seguro que algún de vós pasou por ese momento tráxico, non si?

    Neste fío queremos falarvos de como localizar o teu móbil aproveitando as propias ferramentas que tanto Google como Apple poñen a disposición dos usuarios de Android e IOS.

    Se tes un Smartphone Android, a opción chámase "Administrador de dispositivos".

    Pasos previos para localizar o móbil (antes de perdelo, claro) :

    1. Debes ter o móbil acendido e ter asociada una conta de Gmail.

    2. Ter activada a opción "Administrador de dispositivos" no teléfono.

                    a. No menú de aplicacións, abre "Ajustes de Google".

                    b. Toca "Seguridad"

                    c. Activa as opcións "Ubicar este dispositivo de forma remota" e "Permitir bloqueo remoto y restablecer datos de fábrica"

    2. Ter activado o "Servicio de ubicación".

                    a. No menú de aplicacións, abre "Ajustes"

                    b. Dentro de personal, entra en "Servicios de ubicación".

                    c. Activa "Acceder a mi ubicación"

    Finalmente, se chega o momento de ter que localizar o teléfono:

    Dende calquera conexión, abre android.com/devicemanager e introduce o usuario e contrasinal da conta de Gmail que tiñas vinculada no móbil perdido.

    Outra  opción é instalar nun móbil a aplicación "Encontrar mi dispositivo" , dispoñible no Play Store.

    Unha vez identificado, verás que automaticamente comeza a procura do teléfono (se tiveses máis dun móbil, selecciona o que andas a buscar).En pouco tempo, mostrarache a última ubicación (con maior ou menor precisión).

     

    Extras: como vedes, Google ofrece 3 opcións máis moi útiles.

    Reproducir sonido: se pulsas, o teléfono comezará a sonar a todo volume durante 5 minutos sen parar. Só para pasado ese tempo ou se pulsas o botón de acender.

    Bloquear: esta opción permite substituir a pantalla habitual do teléfono por unha con contrasinal. Tamén podes indicar un texto e un número de teléfono para que apareza nese pantalla personalizada.

    Borrar: coidadiño con esta opción!! Como o seu nome indica, borra o contido do teléfono e NON se pode recuperar posteriormente.

     

    Se tes un iPhone, a opción chámase "busca mi iPhone".

    Para poder localizalo o iPhone debe estar acendido e debes telo asociado cun ID de Apple (antes de perdelo, claro).

    No caso de que precises localizar o teléfono:

    Entra en www.icloud.com co usuario e contrasinal configurados no iPhone, pulsa en "Buscar" e agarda a que o localice. Unha vez o atope, no mapa, selecciona o iPhone e pulsa no "i".

     

    Abrirase unha nova fiestra coas opción dispoñibles para o iPhone

     

     

    Reproducir sonido:fai que o iPhone se poña a sonar para intentar atopalo.

    Modo perdido: permite boquear o iPhone cun código de xeito que se alguén quere acceder ao terminal terá que introducir ese código. Tamén permite indicar un texto e un número de teléfono ao que te poda chamar quen o atope.

    Borrar iPhone: ollo!! Ao borrar o iPhone elimínanse os axustes e todo o contido. Unha vez borrado NON pode localizarse nin seguirse.

    Finalmente indicar que para bloquear a liña, restrinxindo os servizos da tarxeta SIM (bloquear chamadas, mensaxes e datos) podes acceder á nosa páxina web de clientes no apartado "restricións on/off" ou utilizar a app móvil "usuario servicios R" dispoñible en Android e IOS.

    Ten en conta que dependendo dos servizos que restrinxas na tarxeta SIM NON poderás chamar ao móbil perdido ou incluso, se restrinxes os datos móbiles, NON poderás localizalo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai un ano por soporte técnico

    editado fai 3 meses por soporte técnico