Nokia Lumia 925 - móbilR

soporte técnico R : móbilR

Nokia Lumia 925

  • Ola, acabo de comprar un nokia 925 a miña pregunta é que no teléfono hai unha opción de activar roaming o que non entendo é porque si o desactivo deixo de ter conexión a internet....teño medo de que esto me perxudique en canto a custes...

    publicado fai 6 anos por bemore

  • Bos días,

    O sistema operativo dalgún terminal pode crer que estas usando os datos a través de Roaming xa que o ser un OMV, utilizamos a rede móbil de Vodafone, e por iso hai que activar a opción de Roaming. Isto de principio non supón un maior problema e en varios terminais solucionase con actualizacións que van sacando os fabricantes, podes revisar se tes a última versión e como actualizalo na páxina de Nokia

    En canto os custos, sempre e cando uses a conexión en España non incorreras en gastos adicionais, de todos modos para evitar sustos se viaxas o estranxeiro sempre podes desactivar o uso de datos en Roaming na web de clientes, isto podes facelo en https://clientes.mundo-r.com/botones/servicios/configurar_mobil_R :

    1. Unha vez dentro da web de clientes e xa logado como cliente.
    2. Pulsamos en Restricións on/off
    3. Seleccionamos o moviola que queremos xestionar
    4. Desactivamos "PERMITIR en ROAMING as comunicacións de datos"
    5. Pulsamos Modificar

    publicado fai 6 anos por soporte técnico

  • Moitas grazas!!

    publicado fai 6 anos por bemore