Trucos para aforrar batería - móbilR

soporte técnico R : móbilR

Trucos para aforrar batería

  • Ola a todos,

    Un dos problemas recorrentes de moitos smartphones é o pouco que lles dura a

    batería. Seguro que vós tedes os vosos trucos para que vos dure máis, pero dende

    R, con este pequeno manual, querémosvos dar unha serie de recomendacións para

    aforrar no consumo da batería.

    Un saúdo

    publicado fai 6 anos por soporte técnico

  • Eu discrepo un pouquiño dos consellos dados. Douvos a miña versión. 1.-Podes ter activado o GPS permanentemente porque o único que pasa é que ao estar activado, daslle autorización a que os programas que o necesiten, poidan usalo xa... pero non quere dicir que esté o chip fuchicando permanentemente. Por comodidade eu o teño sempre prendido.

    2.-A pantalla o mellor é terlle o brillo en automático.

    3.-Se usades Android e o tedes actualizado, non fan falla programas de limpeza de memoria nin caralladas así, o propio sistema operativo ten un sistema de limpeza de memoria.

    4.-As baterías de litio está comprobado que se as descargas DE TODO perden capacidade máis rápido, é mellor cargalas cando teñen carga, o famoso efecto memoria xa hai moito que non existe neste tipo de baterías. Iso si, por química cada ano perden un 20% de capacidade aproximadamente. Así que non vos agobiedes co tema de que hai que descargalas para poñelas a cargar.

    5.-Desinstalade programas de mensaxería isntantánea que non usedes... chega ben co Hangouts e o Telegram por exemplo. Non teñades, line, viber, whatsapp, BBM, etc... e o mesmo cos programas de redes sociais.

    6.-Usade a wifi sempre que poidades consume menos, wifi-R nas rúas paga a pena.

    7.-Desfrutade da paisaxe, da charla cos amigos mentres estades de leria, e atendede menos ao móbil... iso aforra moito moitísimo.

    publicado fai 6 anos por phluisma

  • Moitas grazas polo aporte phluisma

    Un saúdo

    publicado fai 6 anos por soporte técnico