Tranquilidade R - internet

soporte técnico R : internet

Tranquilidade R

  • Ola!

    Sabemos que a seguridade dous vosos equipos é o máis importante na vosa empresa. Por iso, ofrecémosvos un completo paquete de seguridade. Con tranquilidade R, podedes protexer ata 5 dispositivos sen custo adicional. Este servizo está orientado a protexer todos os dispositivos da vosa empresa (pc, portátiles, tablets e smarthphone), proporcionando así unha protección avanzada e sinxela de xestionar.

    Inclúe:

    - seguridade multiplataforma: protección inmediata e efectiva contra ameazas coñecidas e descoñecidas, grazas á conexión en tempo real coa intelixencia colectiva. Evita a entrada de malware, fugas de información con bloqueo establecendo excepcións con listas brancas ou con denegación de accións perigosas. Ademais recoñece máis de 250 millóns de ameazas que se van actualizando a medida que se van detectando.

    - control de dispositivos: é posible bloquear dispositivos (memorias USB, discos duros extraíbles, etc.) para evitar fugas de información, permitindo restrinxir a lectura-escritura sobre os mesmos. A administración é flexible é intuitiva, a través de consola web e cunha alta accesibilidade desde calquera sitio e sen necesidade de coñecementos técnicos. Ademais non require instalar servidores nin infraestruturas adicionais.

    - xestión centralizada: só se precisa un navegador para xestionar a protección antivirus e firewall de maneira centralizada para todos os PCs, servidores e portátiles da empresa. Permite:

    • limpar de malware os dispositivos infectados.
    • garantir a actualización á última versión do produto. 
    • a monitoraxe en tempo real a través de gráficas de rápida interpretación. 
    • a xeración e envío automático de informes sobre o estado da protección.
    • as deteccións, e o uso inadecuado de dispositivos. 
    • a localización, bloqueo e borrado remoto dos datos (antirrobo) e o control centralizado de dispositivos.

     

    O mellor e que é moi lixeiro porque todas as operacións realízanse na nube. Aquí tedes mais información.

    Un saúdo.

     

    publicado fai 4 meses por soporte técnico

    editado fai 4 meses por soporte técnico