Álbum de fotos - internet

soporte técnico R : internet

Álbum de fotos

  • Ola.

    Moitos de vos coñecedes o servizo de blog que R ofrece de balde aos seus clientes. Pero nesta época na que as imaxes adoptan un papel salientable, é importante destacar que podes organizar en álbumes todas as fotos que subas no teu blog de R. Deste xeito, podes ter tantos álbumes como desexes e manter as túas imaxes ordeadas. Para crear un álbum tes que realizar a xestión desde http://weblogs.mundo-r.com/?language=gl seguindo estes pasos:

    • ir á pestana "os meus álbumes"
    • escoller a opción de menú "organizar álbumes"
    • escoller a opción "engadir galería"
    • darlle un nome e unha descrición ao álbum
    • pulsar o botón "gardar"

    Despois só tes que elexir as fotos que queres subir. Lembrarche que podes ver as imaxes que sobes desde dous sitios distintos:

    • desde a parte pública do teu blog: existe unha sección en todos os blogs chamada "ver álbumes". Se pulsas dito enlace accédese á colección de álbumes que definas e ás súas imaxes.
    • desde a ferramenta de administración: Na pestana "os meus álbumes" existe unha opción chamada "ver imaxes" que che permite revisar as túas imaxes, ademais de cambiarlles o título e a descrición. Esta opción só a podes levar se es o administrador do blog.

    Por último, podes facer que o teu álbum de fotos sexa a páxina de inicio do teu blog. Para iso tes que entrar na ferramenta de administración e seguir estes pasos:

    1. pulsar na pestana opcións
    2. pulsar na sección configuración
    3. escoller na caixa de selección de páxina de inicio o valor "álbum de fotos"

    Deste xeito, a próxima vez que alguén escriba nun navegador a dirección do teu blog, accederá directamente ao álbum de fotos.

    Un saúdo.

    publicado fai 10 meses por soporte técnico