fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Ola, quixera facer una consulta por favor. O meu router sempre da conexión vía wi-fi, podo navegar sen nengún problema por exemplo dende o móvil. Sen embargo dende o pc, conectado por cable ethernet, non e posible, dime que a dirección ip e incorrecta. Se apago o pc, desconecto o cable de red, arranco o pc e unha vez cargado o sistema operativo conecto de novo o cable, dame una ip valida e conecto sen problemas. Esta acción de reiniciar, se a fago co cable conectado, non funciona, volta dicir que a ip non val. Xa revisei a configuración do Windows7 e penso que está todo ben, gustariame saber se poden aclararme por qué únicamente conecto no pc se arranco co cable ethernet desconectado e despois o enchufo, e pola contra siempre da conexión vía wi-fi. Grasas anticipadas, unsaudo.
publicado fai 7 anos por dubidas
Ola dubidas,
O caso que nos comentas pode deberse a diferentes causas, a máis habitual é a configuración da ip nos dispositivos que conectas. A ip débese obter por DHCP, polo tanto no protocolo de rede TCP/IPv4 versión 4 ten que estar marcado obter a dirección ip e a do servidor DNS automáticamente en todos os equipos conectados.
Pódeche axudar tamén este manual: http://descargas.mundo-r.com/es/configuraci-n-dns.
Outra das causas pode ser a configuración da tarxeta ethernet que podes revisar a través das propiedades da conexión area local.
Coméntanos calquera dúbida ou dinos se precisas máis axuda.
Saúdos
publicado fai 7 anos por soporte técnico