fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Ola boas! Gustaríame saber que Usuario e Contrasinal ten o Módem Arris TG2482B, para acceder á configuración e gustaríame sabelas opcións para conectar un disco duro e así poder acceder dende calquera dispositivo e incluso dende fora da casa. Grazas As credenciais de acceso ó router que teño probado son usuario: "admin" e contrasinal: "password" ou "clientesR" (sen comiñas). Pero non tiven éxito, non vai ningunha... Agradezo información. Grazas
publicado fai 6 meses por Xosé
Ola, Xose.
Sinto decirche que o usb do router veñe deshabilitado polo que non poderías conectar un disco duro.
No referente as credencias do router deberías poder acceder usando no login "admin" e no contrasinal "clientes".
Lamento as molestias, un saúdo.
publicado fai 6 meses por soporte técnico
Grazas polas credenciais para acceder ó router
Pero…., Como pode ser....? non ter acceso ó USB... Que amole! Sabedes se pensan/pensades habilitalo pois e unha función moi útil
Neste titorial falan de como facelo https://www.youtube.com/watch?v=CF5dyE0PqfA polo que deduzo esta capado... terá tamén unhas funcións avanzadas...
Grazas Bo día
publicado fai 6 meses por Xosé
Ola, Xose.
Polo momento, non temos notificado ningún cambio respecto diso.
Un saúdo.
publicado fai 6 meses por soporte técnico