Novo equipo: termostato intelixente - 3ollosR

soporte técnico R : 3ollosR

Novo equipo: termostato intelixente


  • Ola.

    Imaxina chegar a casa e sentir ao momento a caloriña do fogar ou poder apagar e acender a calefacción dende o teu móbil. Xeitoso, non si?

    Presentámosche a nova funcionalidade do servizo 3ollos R: o termostato intelixente.

    Con este novo equipo podes programar a calefacción, dende o teu móbil a unha hora determinada. Así cando volvas a casa xa estará todo ao teu gusto. E se un día chegas máis tarde? Non hai fallo: entras na app ou na web e programas o inicio para máis tarde.

    E se por exemplo volves da fin de semana antes do que pensas, acendes a calefacción dende a app de 3ollos R e cando chegues todo estará ao teu gusto.

    O termostato está homologado para casas e negocios con caldeira que xa teñan un termostato de control.

    Se queres disfrutar deste novo equipo, pódelo contratar aquí.

    Tes máis info na web de 3ollos R e no blog de R.

    Xa nos contas ;)

    publicado fai un ano por soporte técnico

    editado fai un ano por soporte técnico