fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Ola.
Se lle dis a 3ollos R cando estás na casa e cando non, podes acender equipos de xeito automático, recibir avisos se alguen abre a porta cando non estás ou apagar os electrodomésticos que teñas en stand-by para aforrar enerxía.
Para dicirllo, tes que utilizar os modos: na casa, fóra da casa e noite.
Hai dous xeitos de configuralos. Podes facelo de xeito manual ou programalo.
Se escolles o xeito manual, terás que informar a 3ollos R cada vez que sexa noite ou saias e entres na casa.
Podes facelo na app pulsando o menú de inicio > manual.
Despois, marca os modos segundo as túas necesidades.
Se non queres andar a cambiar os modos cavez que saias, podes programalos.
Para facelo, na app pulsando o menú de inicio > programado.
Despois, pulsa programación do modo para configurar o teu horario.
Escolle un día da semana e dille a 3ollos R se estarás na casa, fóra ou se é noite.
A app che ofrece a posibilidade de copiar a programación dun día a outro. Deste xeito só terás que configurar un.
Que che parece?
imaxes adxuntas
publicado fai 4 anos por soporte técnico
editado fai 4 anos por soporte técnico