fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Acabáronse as escusas para non ter no móbilR a app de 3ollos R.
Dende hoxe ademais da app de android, podes descargar aquí a app de iOS para desfrutar do servizo no dispositivo Apple que queiras.
Neste fío contas toda a información que precisas para instalar a app.
Utilízaa para consultar as medidas dos sensores, recibir notificacións, saber que pasa na casa o no negocio cando non hai ninguén, ver as cámaras en directo ou acender e apagar enchufes.
Xa nos contas.
Un saúdo.
publicado fai 4 anos por soporte técnico
Hola.. o dos horarios non me quedou moi claro.. a app deixa modificalo pero non sei a diferencia.. ademais que estaria ben unha opcion que se poida copiar os horarios todos os dias sen ter que andar modificando dia a dia
publicado fai 4 anos por Jessi19886
Ola, Jessi19886.
Se tes 3ollos R na casa podes configurar tres modos disitintos: na casa, fóra da casa e de noite. Esos modos son os teus horarios.
Os horarios serven para que lle digas a 3ollos R cando estás na casa e cando non e que queres que faga por ti durante ese tempo. Así se estás en modo noite podes configurar unha regra para que 3ollos R apague todos os equipos que non estás a utilizar pola noite. Se estás en modo fóra da casa podes configurar outra regra para que che avise se alguén entra na túa vivenda cando no estás.
Os modos poden utilizarse de xeito manual ou programado.
Se decides facelo de xeito manual, terás que cambiar de modo cada vez que chegues ou saias da casa e cando sexa de noite. É tan sinxelo con entrar na app e pulsar o icono que se corresponde en casa momento.
Pola contra, se decides facelo de xeito programado, terás que configurar un horario para que 3ollos R saiba cando estás na casa ou cando e noite para ti. Por suposto na programación de modos contas cun botón para replicar os horarios que configures a outros días da semana.
Nesta outra publicación do foro tes toda a info que precisas para configurar os modos desde a app (se tes un iPhone, funciona do mesmo xeito)
Para saber en qué modo estás en cada momento, entra na app e pulsa na icona do menú (a atoparás na parte superior esquerda da pantalla e ten tres raias horizontais) Aí verás o modo no que estás marcado en vermello (no pantallazo: fóra da casa).
Tamén verás se o modo está configurado de xeito manual ou programado (no pantallazo: programado)
Xa nos contarás.
Un saúdo.
publicado fai 4 anos por soporte técnico
editado fai 4 anos por soporte técnico