Fala coa túa mascota e grava o que ves - 3ollosR

soporte técnico R : 3ollosR

Fala coa túa mascota e grava o que ves

  • Ola.

    Se a túa mascota quedou soa na casa e queres saber se está ben, podes vela cunha das nosas cámaras HD e se tes unha cámara HD con micrófono ata podes falar con ela.

    Para comezar a usala, tes que descargar a app de 3ollos R (podes ver como facelo, aquí)

    Coa app miras en directo o que está a facer a túa mascota. Ademais, se fai algo divertido podes gravala nese mesmo momento pulsando o botón de REC. Ollo, o vídeo ten unha duración máxima dun minuto. Iso si, queda gardado tanto tempo como queiras se marcas a opción "non borrar" no vídeo.

    Se a túa cámara che dá a posibilidade de falar coa mascota, pulsa a icona con forma de micrófono de maneira continuada na app. Dese xeito ambos vos escoitaredes.

    Se che sabe a pouco e queres que ao teu animaliño non lle falte de nada, conecta un enchufe intelixente ao seu bebedoiro para que acenda só a unha hora determinada ou instala dentro un detector de auga para saber se ten abondo.

    Podes recibir un aviso no móbil cando acenda a fonte ou cando auga se estea esgotando.

    Para configuralos, entra na app e preme o botón "regras" no menú de inicio.

    Utiliza os filtros para atopalos con maior rapidez. Podes buscar por sensor, por tipo de acción ou por uso. Despois, pulsa o botón crear regras.

    As regras son: avísame se o detector de auga non detecta auga e acende un ou varios enchufes a unha hora determinada.

    Cando as configures, só terás que gardalas.

    Con 3ollos R, non perdes nada, coidas da túa mascota e estará contigo esteas onde esteas.

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico