Erros na app tv comigo - televisión

soporte técnico R : televisión

Erros na app tv comigo

  • Ola,

    Instalei a app tv comigo no meu navegador e o primeiro día funcionou correctamente. A partir de ahí nunca máis.

    Da os seguintes erros:

    [Deprecation] Synchronous XMLHttpRequest on the main thread is deprecated because of its detrimental effects to the end user's experience

    Deprecation] document.registerElement is deprecated and will be removed in M80, around February 2020. Please use window.customElements.define instead.

    Deprecation] Element.createShadowRoot is deprecated and will be removed in M80, around February 2020. Please use Element.attachShadow instead.

    JS Bridge Creation Failed

    Coido que os programadores deberían empregar as funcións ao día e non funcións que están a punto de ser obsoletas e bloqueadas polos navegadores.

    Por outra banda a librería de JS tampouco está a funcionar ben...

    O caso é que non podo usar a app no ordenador.

    publicado fai 27 días por CLiFFF

  • Ola, CLiFFF.

    Indícame por favor o síntoma do fallo, se chega a solicitarche o NIF e o contrasinal, se accedes ao portal e se queda trabado nalgún paso en concreto ou se aparece algunha mensaxe.

    Un saúdo.

    publicado fai 26 días por soporte técnico

    editado fai 26 días por soporte técnico

  • Ola, básicamente accedo na URL, preguntame se dou acceso ao almacenamento (acepto) e quedase no circuliño dando voltas xunto cos erros da consola que menciono.

    Por certo, dende que se accede con NIF e contrasinal, tampouco estaría de máis por un certificado SSL na páxina, que como sabedes as webs sen el catalóganse como inseguras polos antivirus/buscadores, etc. (por certo, mirei que non estiveran bloqueando contido)

    imaxes adxuntas

    publicado fai 23 días por CLiFFF

  • Ola de novo, CLiFF.

    Polo fallo que me indicas sería preciso que probaras a desinstalar por completo Chrome e todas as extensións e probar cunha instalación limpa de Chrome sen outras extensións instaladas.

    Un saúdo.

    publicado fai 23 días por soporte técnico

    editado fai 23 días por soporte técnico

  • Ola,

    Eso mesmo fixen nunha máquina virtual limpa para probar se funcionara e segue na mesma. Evidentemente non vou desinstalar Chrome no ordenador que teño en producción, pois teño demasiadas preferencias e axustes gardados.

    Non ten sentido ter que facer esta operación para que funcione unha app.

    Saúdos

    publicado fai 22 días por CLiFFF

  • Ola de novo, CLiFF.

    Podes probar con outro ordenador para descartar se se trata de algo dese equipo en concreto. Se tamén falla, sería preciso que chames ao 1449 opción 2 para revisalo cos compañeiros de soporte.

    Un saúdo.

    publicado fai 20 días por soporte técnico