Nova tv conmigo - televisión

soporte técnico R : televisión

Nova tv conmigo

  • Ola. Acabo de enterarme da nova app de tv conmigo. Instaleina nunha tablet Huawei e non funciona, en cambio si que poido ver a "antiga" app de tv conmigo na mesma tablet. Cal pode ser o problema? Grazas.

    publicado fai un mes por Masca

  • Ola, Masca.

    Sabes cal é o modelo da tablet e a versión de Android que leva para poder revisalo?

    Grazas. Un saúdo.

    publicado fai un mes por soporte técnico

  • Ola de novo. O modelo da tablet e BAH2-W19, é unha Huawei MediaPad M5 lite 10 e a versión de Android 8.0.0 Teño outra tablet BQ (non poido mirar agora o modelo nin a versión de Android) na que tampouco vai, en cambio nun tlf. BQ Aquaris V Plus con Android 8.1.0 vai perfectamente. Grazas . Un saúdo.

    publicado fai un mes por Masca

  • Ola de novo, Masca.

    En principio a versión de Android é compatible ca aplicación polo que non debería haber problema ningún para usala.
    Podes chamarnos ao 1449 para velo contigo e abrir incidencia se é preciso?

    Grazas. Un saúdo.

    publicado fai un mes por soporte técnico

  • De acordo.Grazas

    publicado fai un mes por Masca

  • Ola de novo. Chamei ao 1449 e dixéronme que algún modelos da tablet Huawei podían dar problemas. Agardei uns días e ágora a app deixame poñer o usuario e o contrasinal, pero a partir de ahí dime que se producíu un erro, que pode ser que o servicio de TV conmigo non esté activado, pero si que está porque na misma tablet poido ver a anterior app de tv conmigo. Que poido facer?

    publicado fai 26 días por Masca

  • Ola, Masca.

    Xa está dispoñible en Google Play Store a app coa corrección do fallo que afectaba a algúns terminais Huawei. 

    En primeiro lugar comproba que a teñas actualizada. Se o erro persiste proba a desinstalala e volvela a instalar.

    Xa por último, se continuase fallando, accede á xestión de dispositivos e elimínao para volver a rexistralo. Isto pódelo facer accedendo á nova tv comigo dende outro dispositivo, no apartado "Configuración > Gestionar dispositivos". Tamén podes xestionar os teus dispositivos na nosa web de clientes no apartado "os meus produtos e servizos > ver servizos contratados > combo > TV multicanle dixital > xestión de dispositivos tv comigo new"

    Unha cuestión a ter en conta é que hai que acceder co NIF do titular, non é posible utilizar un usuario delegado.

    Un saúdo.

    publicado fai 26 días por soporte técnico

    editado fai 26 días por soporte técnico

  • Ola outra vez. Solucionado o problema coa tablet Huawei. Ahora na que non hai maneira de ver tvcomigo new é nunha tablet "bq aquaris E10". A versión de android é 4.4.2. Probei todo o que me recomendastes anteriormente. Na Huawei funcionou, pero nesta BQ non vai; aparece a páxina de inicio de tvcomigo new pero de ahí non pasa.A ver si se pode facer algo máis. Grazas. Un saúdo.

    publicado fai 9 días por Masca

  • Ola de novo, Masca.

    Imos a revisar o fallo que me indicas coa tablet con Android 4.4.2 e en canto teñamos calquera novidade contactaremos no móbil de contacto do titular.

    Un saúdo.

    publicado fai 9 días por soporte técnico

  • Grazas. Esto é o que me contestaron a través do servizo de cliente de R fai uns días. "Sabemos que tes un problema no teu servizo de TVDixital. Trátase dunha incidencia na túa zona, que afecta a más clientes. Os nosos técnicos están a traballar para solucionalo canto antes". Tedes idea do que pode tardar en arranxarse esta incidencia? Grazas de novo.

    publicado fai 5 días por Masca