Deko 4k - televisión

soporte técnico R : televisión

Deko 4k

  • O deco está coa luz vermello e non encende, instalaron llo fai catro días, dende o sábado a mañan que se apagou cando quixemos encender domingo non vai. Sabedes que acontece?

    publicado fai 14 días por Belen

  • Ola, Belen.

    O primeiro paso é reinicialo desconectando o cable de alimentación eléctrica. 

    Se persiste unha vez reiniciado, proba a pulsar a parte superior do deco. No deco 4K que tes instalado, toda esa parte superior, é un botón. Se deste xeito acende pero continúa sen responder ao mando, habería que revisarlle as pilas.

    Un saúdo.

    publicado fai 14 días por soporte técnico

    editado fai 14 días por soporte técnico