Amazon Prime Video no deco 4K - televisión

soporte técnico R : televisión

Amazon Prime Video no deco 4K

  • Ola de novo.

    Dende fai uns días xa está dispoñible a posibilidade de acceder ao servizo de Amazon Prime Video no noso deco 4K. Nesta plataforma podes atopar gran cantidade de películas, series e documentais.

    Para utilizar o servizo pulsa o botón da casa no mando de R e abre a aplicación de Amazon Prime Video. Unha vez aberta terás que introducir os datos da túa conta de Amazon Prime e xa poderás acceder aos contidos.

    Se o teu deco aínda non ten instalada a aplicación, podes buscala en Google Play Store e instalala. Para isto é preciso que o deco estea actualizado, podes comprobar se hai actualizacións dispoñibles coas indicacións do seguinte vídeo:

       

    Un saúdo

    imaxes adxuntas

    publicado fai un mes por soporte técnico

    editado fai un mes por soporte técnico