Novas no servizo de Netflix - televisión

soporte técnico R : televisión

Novas no servizo de Netflix

  • Ola de novo.

    Fai un tempo comentamos que o deco 4K recibía a app de Netflix para poder acceder ao gran catálogo que ofrece con miles de películas, series e documentais. 

    Agora vimos de incorporar a posibilidade de pagar a cota de Netflix directamente na factura de R se o desexas. Os plans de subscrición dispoñibles e os prezos son os mesmos que ofrece Netflix, incluído o primeiro mes de proba gratuíto. 

    Isto permite simplificar a subscrición e o pago do servizo nunha única factura se o prefires. Por suposto trátase dunha alternativa adicional, se xa tes conta de Netflix podes utilizala como ata agora, introducindo os datos da mesma no deco 4K sen cambios de ningún tipo.

    Para activalo accede á aplicación de Netflix no teu deco 4K e segue as instrucións. Durante o proceso ofrecerache a opción de utilizar R como forma de pago.

    Se tes un deco SD ou HD non é posible ver Netflix a través del pero dentro dunhas semanas ofreceremos a posibilidade de pagar a subscrición na nosa factura. Incorporaremos un botón de Netflix na web de clientes e na nosa app onde poderás activala para acceder desde diferentes dispositivos.

    Un saúdo.

    publicado fai 6 meses por soporte técnico

    editado fai 6 meses por soporte técnico