Control parental no deco 4K - televisión

soporte técnico R : televisión

Control parental no deco 4K

  • Ola de novo!

    O deco 4k ofrece unha serie de axustes para protexer o acceso ás compras e tamén a canles ou contidos específicos. Para modificar estes axustes tedes que pulsar o botón "menú" do mando, que tamén pode aparecer como "ver tv", e a continuación entrar en axustes->control parental.

     

     

    Para acceder ao apartado de control parental é preciso introducir o PIN. Por defecto ven có habitual 1234 pero podedes cambialo por outro unha vez que accedades.

     

     

    A configuración é moi intuitiva, unha vez activado o control parental podedes acceder as seguintes opcións:

    • Idade de bloqueo. Permite establecer unha idade para que segundo a calificación por idade do evento se solicite o PIN para velo. Por defecto está establecido para contidos X.
    • Cambio PIN.
    • Protección de compras. Se activades esta opción solicitaravos o código PIN antes de mercar un evento.
    • Canles bloqueadas. Amosa a lista de canles para que podades bloquear có código PIN as que queirades.

     

     

    Un saúdo.

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico