Precisas máis almacenamento no deco 4K? - televisión

soporte técnico R : televisión

Precisas máis almacenamento no deco 4K?

  • Ola a todos.

    Cada día as imaxes, os vídeos e as aplicacións que manexamos ocupan un espazo maior de xeito que precisamos máis almacenamento dispoñible. Para ampliar este espazo no deco 4K é posible utilizar unha tarxeta microSD e configurala como almacenamento do dispositivo.

    Unha vez inserida aparecerán varias opcións. Tedes que escoller a segunda.

    O seguinte paso é formateala. Tede en conta que perderedes a información que tivera almacenada previamente.

    A continuación podedes mover os datos xa existentes á tarxeta microSD.

    Lembrade que a tarxeta microSD formatéase so para ser utilizada neste dispositivo e que se a extraedes as aplicacións que teñan datos nela deixarán de funcionar. 

    Para restablecer a configuración inicial, antes de extraela tedes que ir a Ajustes->Almacenaje y restauración->Almacenamiento interno compartido e pulsar en Migrar datos a este almacenamiento.

    Un saúdo.

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico