Canales - televisión

soporte técnico R : televisión

Canales

  • ¿Existe algunha (botón)lista de canales? ou algunha maneira de telos ordenados tipo favoritos ou asi. Como poido saber en que dial está cada canal?.

    Gracias.

    publicado fai 7 anos por Manolo

  • Eu tamén estou interesado en saber cómo acceder a lista de canles e cómo entrar neles sen ter que andar zapeando a cegas ou apuntar todos os números nun papel. Quero ver a lista e entrar no canal que eu elixa. ¿Como se fai iso? No guiaburros do mando a distancia non di nada, nene explica nade en ningún lado. Espero que por aquí informen. Un saúdo

    publicado fai 7 anos por pako_r

  • Ola,

    No desco HD se pode ver a lista de canles pulsando o botón volver no mando. Na parte superior aparecen as canles vistas recentemente e a continuación a lista completa de canles.

    Non é posible cambiar a orde das canles pero si podemos establecer unha lista coas nosas canles preferidas. Para isto temos que ir a Menú->Apps->Favoritos

    Aparecen entón as listas de favoritos existentes e tamén podemos configuralas como desexemos.

    Na Web de clientes de R http://clientes.mundo-r.com hai unha guía completa de TV que permite facer búsquedas. Entramos en 'Configurar' e chegamos á seguinte pantalla

    Pinchamos en guía tvR e xa podemos ver toda a información

    Un saúdo

    imaxes adxuntas

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

    editado fai 7 anos por soporte técnico

  • Engadimos a captura que faltaba

    imaxes adxuntas

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

    editado fai 7 anos por soporte técnico

  • Gracias; non era exactamente o que buscaba, pero de momento soluciona algo o problema; o seguinte sería como organizar favoritos.

    Un Saúdo

    publicado fai 7 anos por Manolo

  • Ola Manolo,

    Para personalizar unha lista de favoritos temos que acceder a Menú->Apps->Favoritos e escollemos unha lista diferente a "todo" (docus, nenos, lista7...) dándolle a OK.

    Unha vez dentro da lista veremos todas as canles dispoñibles e poderemos incluír ou quitar as que prefiramos.

    As canles incluídas na lista aparecen cunha marca de verificación na parte dereita.


    Para rematar pulsamos en 'Activada'

    Un saúdo

    imaxes adxuntas

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

    editado fai 7 anos por soporte técnico