Actualización deco 4K con Netflix - televisión

soporte técnico R : televisión

Actualización deco 4K con Netflix

  • Ola a todos!

    O deco 4K ven de recibir a actualización a Android 7 que incorpora a agardada app de Netflix xunto con outras cambios que vos comentamos de seguido.

    O primeiro é o primeiro. Para acceder á app de Netflix, simplemente tedes que pulsar o botón de inicio do mando R e veredes que xunto ás aplicacións de R aparece Netflix. Unha vez aberta teredes que introducir os datos da vosa conta de Netflix do mesmo xeito que en calquera outro dispositivo para acceder a todos os contidos desta plataforma dende o deco 4K.

    Por outra banda queremos informarvos de que esta actualización corrixe o fallo có envío de contidos dende outros dispositivos ao deco polo que é recomendable que os que tiverades desactivadas as actualizacións automáticas as activedes de novo accedendo a Google Play Store ->Ajustes -> Actualizar aplicaciones

    Coa actualización a Android 7, tamén cambia o menú de axustes do sistema, aparecendo agora nunha lista en vertical á dereita da pantalla.

    Algunha opción cambia de menú. A configuración da resolución que antes estaba no menú HDMI atopámola no menú Pantalla.

    Neste menú Pantalla tamén é posible configurar o Overscan para axustar exactamente os bordes da pantalla de xeito moi sinxelo como amosamos nas seguintes imaxes.

     

    Un saúdo.

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico