Programar gravacións no deco 4K - televisión

soporte técnico R : televisión

Programar gravacións no deco 4K

  • Ola de novo.

    Como se achegan datas de vacacións, nas que moitos non estaredes na casa, queremos indicarvos que o deco 4K permite programar gravacións de gran parte das canles con ata sete días de antelación para que non perdades as vosas emisións favoritas.

    Para ver o que se vai emitir pulsamos o botón "guía" no mando.

    Unha vez na guía, desprazámonos á dereita ata chegar ao contido que procuramos e pulsamos "Ok" para programar a gravación.

    Se se trata dunha serie, ofrécesenos a opción de programar a gravación do episodio ou a tempada completa.

    Para acceder ás gravacións realizadas simplemente pulsamos no botón "mi tv" do mando e xa poderemos reproducir os contidos.

    Xa por último lembrarvos que, á volta das vacacións, se esquecestes gravar algún evento tamén poderedes acceder aos contidos emitidos nos últimos sete días na maioría das canles como vos contamos neste outro fío


    Un saúdo e boas vacacións!

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico