Utilizar o móbil ou tablet para escribir no deco 4K - televisión

soporte técnico R : televisión

Utilizar o móbil ou tablet para escribir no deco 4K

  • Ola a todos.

    Para realizar unha procura no deco 4K podedes utilizar o teclado virtual que aparece na pantalla pero hai un xeito máis cómodo que permite escribir dende o voso móbil ou tablet. 

    En primeiro lugar é preciso instalar a app Android TV Remote Control, está dispoñible tanto para Android como para iOS.

    Unha vez aberta aparecerá na pantalla do móbil o nome do deco para poder conectalos. O nome por defecto do deco é skipper máis un número. O móbil ten que estar conectado á rede wifi do router ao que tamén estea conectado o deco.

     
    A continuación na pantalla do televisor veredes un código.

    E o móbil pediravos que o escribades para rematar a vinculación.

    Feito isto xa podedes controlar o deco coa app e utilizar o teclado do móbil para escribir no deco.

    Para rematar indicarvos que tamén podedes pulsar na icona do micrófono para facer procuras por voz pero esta opción so é útil para buscar nos servizos de Google xa que non atopa resultados nos servizos propios de R, como rebobina.

    Un saúdo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 3 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico