Enviar contidos dende o móbil ao deco 4K - televisión

soporte técnico R : televisión

Enviar contidos dende o móbil ao deco 4K

  • Ola a todos.

    Se tedes o novo deco 4K e queredes enviar un contido dende o móbil para velo na tele, hai unha funcionalidade moi interesante chamada cast que vos pode axudar. Unha gran cantidade de aplicacións o permiten, por exemplo YouTube, TED, Google Fotos, Play Música e moitas máis. 

    Unha vez que o móbil está conectado á vosa rede wifi, as aplicacións que dispoñen desta característica amosan unha icona para que cunha simple pulsación podades desfrutar de vídeos, fotos e música dun xeito máis cómodo. 

     

    Ao pulsar na icona aparecerá a opción de enviar ao deco 

     

    Mentres se está reproducindo, se escolledes outro vídeo tamén é posible engadilo á cola para que cando remate a reprodución en curso pase ao seguinte.

     

    Se en lugar de enviar un contido o que queredes é ver directamente a pantalla do móbil na tele, pódese facer coa aplicación Google Home ou, no caso de que o fabricante do móbil xa proporcione a función de enviar pantalla, directamente na seguinte icona:

     

    Un saúdo.

     

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 3 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico