Control Remoto DescoHD + TV Plasma - televisión

soporte técnico R : televisión

Control Remoto DescoHD + TV Plasma

  • Supoño que xa estaredes ao tanto de que existe algún tipo de interferencia, na banda infravermella, que fai realmente difícil operar co mando a distancia do desco HD, cando se ten iste conectado a unha TV de plasma (cando a TV está acendida, evidentemente)

    Querería saber se xa hai algún tipo de solución para este problema, xa que a usabilidade da interface de usuario da TV vese moi negativamente afectada nestas condicións (máis aínda cando hai que ter en conta que, xa de por, si estamos a falar dunha interface bastante "lenta")

    publicado fai 7 anos por Antonio_Otero

  • Ola Antonio_Otero

    Efectivamente, sabemos que existen algúns modelos de televisión e mesmo lámpadas de baixo consumo que causan interferencias co receptor infravermello do desco.

    Estamos a buscar solucións para ditas interferencias pero a día de hoxe o que se pode, é seguir as seguintes recomendacións:

    -Apagar as fontes de interferencias (lámpadas...), 

    -Deshabilitar configuración de baixo consumo na televisión.

    -Tamén é convinte intentar afastar o máximo posible o desco da televisión ou da fonte de interferencia.

    Un saúdo.

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

  • Moitas grazas pola resposta. Esperaremos, entón, por esas solucións.

    Saúdos

    publicado fai 7 anos por Antonio_Otero