Listas de favoritos no deco R - televisión

soporte técnico R : televisión

Listas de favoritos no deco R

  • Ademais das listas que veñen cargadas por defecto, co teu desco R podes crear a túa propia lista de favoritos ou modificar as existentes. Así poderás navegar polas canles que ti elixas sen ter que pasar por todas.

    Para acceder ás listas de favoritos, pulsa a tecla menú no teu mando e escolle a opción apps e, a continuación, selecciona favoritos.

    Podes editar calquera lista preconfigurada ou crear a túa propia, dándolle o nome que prefiras usando o mando da túa televisión. Despois só tes que seleccionar as canles que queres incluír na túa lista.  Por último, activa a lista e xa poderás navegar polas túas canles favoritas.

     

    Aquí tes un vídeo con todo o proceso, que tamén está dispoñible na sección de titoriais de rebobina.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

    editado fai un ano por soporte técnico