Marcar un evento para ver máis tarde - televisión

soporte técnico R : televisión

Marcar un evento para ver máis tarde

  • Como moitos de vos sodes espectadores habituais dunha ou máis series de televisión ou documentais, seguro que nalgunha ocasión esquecedes qué capítulos tedes pendentes de ver ou queredes acceder aos "deberes" máis rapidamente.

    Para este tipo de situacións, o servizo de TV de R ten unha funcionalidade moi interesante: A opción de ver mais tarde.

    O único que temos que facer é localizar o evento que desexemos gardar para ver noutro momento e premer o botón amarelo do mando de R.

    Na pantalla veremos un aviso que nos indicará ata que día e hora estará dispoñible.

    Para ver todos os contidos que temos marcados desa maneira, imos a opción a miña tv->ver máis tarde.

    En pantalla teremos unha listaxe de todos os eventos cunha icona dun ollo tachado, que nos indica que temos pendente de ver ese contido.

    Se seleccionamos ese evento e prememos a tecla OK do mando, disporemos de varias opcións:

    Podemos ver o contido, eliminalo de ver mais tarde ou ben marcalo como visto:  O ollo á dereita do evento vai aparecer sen tachar, como aviso para despistados de que ese capítulo da nosa serie favorita xa o rematamos e podemos ir co seguinte : )

    Se nos trabucamos e marcamos o contido como visto, non pasa nada! Podemos premer OK de novo e marcalo outra vez como non visto.

    Seguro que esta función tan interesante vaivos axudar a levar un control do voso avance dalgunha das moitas series que podedes ver empregando o servizo de rebobina.

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

    editado fai 4 anos por soporte técnico