busca canles metodo busqueda non me vai - televisión

soporte técnico R : televisión

busca canles metodo busqueda non me vai

  • por comodidade quixen usalo mando para manexar o meu televisor ( e un vector) e como non ten codigos no manual decidin usalo metodo de busca e decatome que o mando non vai e decir, doulle a tv e despois a apps ata que tv parpadea duas veces, marco o 991 volve parpadear duas veces o boton tv, doulle a apagar e alterno co boton tv, como me daba que a cousa non ia ben decidin facelo unhas cinco veces e darlle o boton apps pa que gardara o codigo ainda que o mesmo non me servira e de seguido fun a leer o codigo e cal e a miña sorpresa que o codigo nunca me cambia leeme sempre o mesmo en cambio se uso o metodo de introducir os 4 numeros se mo graba, ¿fago algo mal o e que me destes un mando averiado?

    publicado fai 4 anos por fere

  • Ola fere,

    Proba entón estes outros pasos para o método de búsqueda.

    1. Pulsa e solta a tecla tv
    2. Pulsa e mantén apertada a tecla apps ata que la luz vermella se acenda dúas veces
    3. Pulsa 9 9 1. A luz vermella se acenderá dúas veces.
    4. Pulsa unha vez a tecla de cambiar á seguinte canle (can.+). O botón de tv comezará a parpadear lentamente. Cada vez que se ilumina o botón o mando está a probar un código
    5. Agarda ata que a TV se apague e nese momento pulsa apps para gardar o código

     

    O proceso pode tardar ata 15 minutos en rematar.
    Dado que a búsqueda vai probar unicamente os códigos que ten o mando na memoria, pode non funcionar con todos os modelos de TV ou que soamente funcionen algúns botóns.

    Tanto no caso de que non funcione ningún código, como para completar a configuración no caso de que sexa algún botón en particular o que non funcione, se tes o mando orixinal da TV, podes utilizar o método de aprendizaxe descrito na páxina 16 do manual.

    Grazas por participar nos nosos foros.

    Un saúdo

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

    editado fai 4 anos por soporte técnico

  • serviume grazas.

    publicado fai 4 anos por fere

  • Grazas a ti fere. Un saúdo

    publicado fai 4 anos por soporte técnico