Resintonización do deco R - televisión

soporte técnico R : televisión

Resintonización do deco R

  • Nalgunhas situacións o desco pode quedar bloqueado, tanto tras a instalación dunha actualización como por outros motivos.

    No caso de que o desco non responda, o primeiro paso é revisar o cableado e reiniciar o equipo desconectando o cable da corrente eléctrica durante uns segundos e volvendo a conectalo.

    Se tras reiniciar e esperar dous ou tres minutos o desco arranca pero non mostra a información do evento, responde con lentitude extrema ou falta algunha canle é necesario resintonizalo. O proceso de resintonización se realiza do seguinte xeito:

    Se se trata do desco HD:

    • Apagamos o desco co botón superior do mando. No frontal aparecerá a hora
    • No propio mando pulsamos o código 0610. Pasados uns segundos desaparecerá a hora e o desco se reiniciará
    • Esperamos a que arranque de novo, tardará algo máis que nun reinicio normal
    • Esperamos a que remate a procura de canles

    Progreso sintonización

    • Escollemos o idioma.

    Selección de idioma

    • Pulsamos "Ok" en Aceptar.

    Comezar sintonización

     

    Se tes o desco SD:

    • Apagamos o desco co botón superior do mando. No frontal aparecerá a hora
    • No propio mando pulsamos o código 0610. Pasados uns segundos desaparecerá a hora e o desco se reiniciará
    • Aparecerá de novo a hora e temos que acendelo co mando de R
    • Na pantalla da TV escollemos o idioma e pulsamos "Ok"
    • A continuación pulsamos o botón verde xusto enriba dos números do mando e comezará a procura de canles
    • Cando remate pulsamos no mando o botón "Volver" dúas veces
       

    Unha vez finalizada a sintonización esperamos dous ou tres minutos e xa podemos verificar que todo funcione correctamente.

    O proceso de resintonización co código 0610 pode ser necesario de xeito puntual. Se con este procedemento o desco comeza a funcionar correctamente pero o fallo volve a producirse é mellor que nos chames para revisalo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

    editado fai un ano por soporte técnico