fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Boas tardes
Levo pouco tempo co desco HD pero ainda así xuraría que vin varias veces a 1HD dende o desco...
Pois ben... onte pola noite detectei que a tv non me emite sonido neste dial 111 (na 1 normal sd dial 117 si).
Asocio o tema a que a 1 HD emite en dolby pero vendo este canle directamente dende o televisor pódese escoitar perfectamente.
¿¿??
Para poder ter sonido teño que cambiar a configuración do audio no desco e pasalo de automático a stereo.
¿Fixestes algún cambio? ¿Alguen mais ten este mismo problema? ¿Algunha idea?
Grazas Un saudo
publicado fai 7 anos por jomasape
Ola jomasape.
Xa coñecemos esta situación que nos comentas e ocorre con algúns modelos de televisor á hora de negociar o audio dolby co noso descodificador a través do HDMI cando está establecida a configuración automática. Nestes casos, como ben indicas, a solución estaría en forzar manualmente o tipo de audio a estereo PCM.
Un saúdo e grazas pola túa consulta.
publicado fai 7 anos por soporte técnico
Grazas a vos pola atención e rápida resposta.
O curioso e que tendo en conta que o problema está nesa "negociación" do dolby entre o desco e o tv que comentades, noutros canles que o desco pon que están emitindo en dolby escoitanse perfectamente, solamente pasa coa 1HD e TDP
¿??
Por outra parte, ¿poderá ter solución con algunha futura actualización do desco ou védelo complicado?
Sau2
publicado fai 7 anos por jomasape
Ola jomasape,
Temos detectado que nalgúns televisores ocorre tamén noutras canles coma TNT HD ou TCM HD, dependendo da calidade na que a propia canle emita o sinal de audio do programa en cuestión.
Estamos á procura dunha solución xunto co fabricante do desco pero sen novas polo momento.
Un saúdo
publicado fai 7 anos por soporte técnico